fotoaberta
blogue de fotografía

 

“Tempo gris” é o título que Juan Adrio escolleu para a súa derradeira mostra fotográfica. Forma parte do conxunto de exposicións vencelladas ao Outono fotográfico e ten como temática a nosa paisaxe.

Profesor na EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela e cunha interesante traxectoria artística, Juan Adrio, recibiu o 2º premio de fotografía da Fundación Aena na súa edición de 2012 e formou parte da selección de autores que expuxeron na sección oficial de Photoespaña 2012 (feitos dos cales nos fixemos eco, daquela, neste blogue).

A inauguración de “Tempo gris” terá lugar este xoves, día 5 de decembro ás 7 do serán, no segundo andar da galería Sargadelos de Compostela (rúa Nova, 16). Así que se vos achegades a Santiago non esquezades pasar por alí. Xa sabedes, poderedes ver boa fotografía ata o 30 de xaneiro.

Os comentarios están pechados.