Curiosa a visión que aportan Vanesa Díaz (Vigo, 1975) e Juan Adrio (Pontevedra, 1971) sobre o significado do paso do tempo. Dende unha perspectiva moi interesante, coido. Semella que lles gusta facernos pensar, xa que nesta que é a súa terceira exposición xuntos continúan nesa liña.
Observei nos seus traballos expostos unha crítica desa ilusión, tan propia do ser humano, de crer (ou quizá debería dicir soñar) que o mellor sempre está por vir. Sen embargo, cada día basta con mirar atentamente o que nos arrodea para sentir o desacougo que nos trouxo aquel futuro que mesmo onte soñaramos tan perfecto.
Naturalmente esa é a mensaxe que me chegou a min ao ver as súas obras, pero cada un pode facer a súa propia lectura de Contigo, Sin tí, Arqueología de las pasiones, etc. Eso se tendes un momentiño para desfrutar desta exposición con calma, silencio e abrindo moito os ollos, para non perder detalle. É un conxunto de creacións que invita a pensar, si; e tamén a disfrutar.
Aquí vos vai unha pequena mostra do que podedes ver alí. Lembrade, no Pavillón 1 do Campus de Ourense, na sala alterate. E só ata o 6 de maio!



