fotoaberta
blogue de fotografía

Este sábado 8 de maio, escomeza o Festival Artístico do Paralelo 43. É un festival especial, que vai durar todo o mes de maio.

Máis de 50 artistas inundarán de cor e imaxinación as rúas do barrio As Conchiñas-Agra do Orzán na Coruña (o Paralelo 43º21’45”), porque é un proxecto artístico que responde a unha preocupación social. Trátase de atraer á xente a este barrio, e evitar unha rápida degradación do mesmo. Unha degradación provocada pola crise económica que está a sofrer esta zona obreira. Para elo, os colectivos arTeu, BGR e 5Célula arte y comunidad, conseguiron implicar a mercerías, talleres, ultramarinos, zapaterías, farmacias, bares…e por suposto aos artistas, que amosarán a súa creatividade en eidos moi diferentes:

    1. Artes plásticas e visuais
  • fotografía
  • documentais e videoarte
  • gravado
  • pirogravado
  • graffiti
  • debuxo
  • ilustración
  • cómic
  • pintura
  • pintura sobre seda
  • deseño gráfico
  • deseño de moda
  • maquetas
  • escultura
  • escultura na parede
    2. Creación literaria
    3. Creación musical
    4. Artes escénicas

Como vedes, vai ser todo un festival, con ingredientes para tódolos gustos! Haberá interesantísimos obradoiros plásticos (broches, graffiti, de bixutaría de reciclaxe, batik ou gravado), recitais poéticos, e Manel Cráneo e Mariano Casas, asinarán fanzines!!! E perdoade que non comente cada unha das actividades, porque son moitas e todas merecerían ser destacadas.

Pero aquí embaixo tendes toda a información, para que non vos perdades nada:
Programa (parte A)

Programa (parte B)

One Response

[…] Gente (Santiago de Compostela) Concello da Coruña Veredes Cultura Galega Blog  Agra do Orzán Foto aberta Coag Coruña Blog do Castrillón Blog de Miguel Melero Katanga […]