fotoaberta
blogue de fotografía

Castro Igrexa, Xermade (Lugo)

Os pequenos palcos de música presidían os campos da festa, nos tempos nos que as celebracións populares enchían de mocidade as aldeas galegas.  As “Caixas de música” de Luís Díaz son o testemuño de que esas construccións xa non son máis que os restos do que foron. Ás veces o seu deterioro é tan evidente que están a piques de ser engulidos polo mato.

Díaz (A Coruña, 1978), fala dunha relación clara do seu traballo co de Manuel Sendón “Casas doentes”, como se lle servira de inspiración para desenvolver a súa idea. Na Bienal de Fotografía e Arquitectura de Bruselas, gustoulles tanto o proxecto de Luís Díaz, que foi seleccionado pra formar parte das obras expostas este ano. É unha serie de fotografías realizadas nas provincias da Coruña e Lugo que estarán en Bruselas, na citada Bienal, entre o 12 de marzo e o 9 de maio.

Dende hoxe tendes disponible en fotoaberta unha ligazón permanente á web de Luís Díaz, no apartado “Fotógrafos galegos”. Nela poderedes ver unha mostra das súas fotografías para publicidade, moda, publicacións, etc.

Os comentarios están pechados.