fotoaberta
blogue de fotografía

Aquí temos hoxe outro exemplo do que podemos conseguir coas nosas fotografías e un bon programa de edición de vídeo. Esta técnica coñécese co nome de «time-lapse» e é unha derivación do «stop motion».

Consiste en colocar a cámara sobre un trípode e facela disparar a intervalos regulares. Para isto, hai cámaras fotográficas que xa nos permiten establecer o tempo de retardo do disparo automático dende o propio menú. No caso de que non se nos ofreza esa opción teríamos que empregar un intervalómetro externo, xa que sería imposible controlar os disparos con exactitude doutro xeito. Posteriormente editarase a serie de fotos, conseguindo ese efecto de aceleración do tempo real que podedes apreciar no seguinte vídeo:

Chuzame! A Facebook A Twitter

One Response

[...] cada 11 pasos; converter eses millóns de fotografías en vídeos a base doa técnica do time-lapse; planexar e deseñar espectaculares instalacións, adaptadas ás diferentes estructuras [...]

Olark Livehelp