fotoaberta
blogue de fotografía

Pasado mañá día 24 de xaneiro comezará o curso de «Análisis de la imagen fotográfica» no MACUF. Pertence ao conxunto de actividades relacionadas coa aprendizaxe da fotografía programadas por este museo e que teñen como profesor a Rubén Panete: «Iniciación a la fotografía» y «Fotografía nivel medio», que van comezar próximamente. Se estades interesados neles, tende en conta que as prazas son limitadas (20 persoas), e que hai que pagar a cantidade correspondente no mesmo museo e con antelación á data do comezo do curso.

Cada martes de 19:00 a 21:00h, e deica ao 3 de abril de 2012, van ser tratados temas relacionados coa fotografía contemporánea. Se queredes saber máis, podedes ter acceso dende aquí á programación.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xa non quedan máis que 5 días para que poidades enviar as vosas fotografías a este concurso. Entre o 20 de decembro de 2011 e o 13 de xaneiro de 2012 recolleran os vosos dossiers na seguinte dirección:
premiofotografia_2012@purificaciongarcia.com

Lembrade que ofrecen 3  premios importantes: 15.000; 12.000 e 10.000 euros

As bases podedes descargalas dende aquí. Moita sorte a todos!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Aínda quedan novos camiños para a fotografía. Unha nova fotografa galega, Saínza Medraño, está a abrir un deles nestes intres, xunto coa deseñadora de xoias Andrea Piñeiro.  Utilizan medios moi diferentes que converten despois nunha peza única –xa que é personalizable-. Desta curiosa unión xurden sorprendentes alfaias  como as que poderedes ver no seu blogue Diamod Raw

Aquí embaixo tendes algunhas das fotografías que poden integrarse nesas xoias, como se fosen un pequeno tesouro segredo. Concretamente esta serie  pertence ao seu primeiro proxecto xuntas: «La herencia de la tía Lola». Son fotografías que  están moi ligadas ao mundo dos nosos maiores e ao seu modo de vida, que está a punto de desaparecer.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ás 20:00 h de mañá xoves 1 de decembro, inaugúase na Galería Volter de Ourense A mirada fragmentada.

Juan Adrio (Pontevedra, 1971) fotógrafo do que xa temos comentado varios proxectos neste blogue, preséntanos agora unha unha serie de fotografías que coma sempre trascenden a simple iconicidade e convértense nun punto de partida para a reflexión.

Sempre somos quen de analizar o que vemos? Pode o noso cerebro soportar a actual sobrecarga de imaxes sen perder o fío? A fotografía está sempre ao servizo da información? Quizá unha visita a esta exposición nos ofreza algunha pista… Así que non esquezades que a exposición permanecerá aberta ata o 20 de decembro, en horario de 18:00 a 20:30 h !!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ata o 15 de abril de 2012 permanecerá no MACUF un conxunto desas curiosas fotografías de Jordi Bernadó (Lleida, 1966).

Velaquí un artigo sobre a exposición: la opinion coruña

Aquí tamén tendes un vídeo cunha presada de fotos del. Ollo!, non son desta exposición, senón dunha anterior. Concretamente do ano 2008 no CCA de Andratx:

Chuzame! A Facebook A Twitter

Onte comezou a verse no CGAC «The crooked path» (A verea retorta). Non é un filme, anque o título teña esa sonoridade propia das fitas cinematográficas de sesión da tarde. Verdadeiramente é un percorrido moi rápido pola traxectoria artística do fotógrafo Jeff Wall. Un percorrido limitado a 26 fotografías, que van acompañadas de obras doutros credores de distintos eidos artísticos (literatura, cine, pintura…) que tiveron algunha influencia sobre o seu proceso creativo.

Podedes ampliar información sobre a exposición no Faro de Vigo, no xornal El País (minientrevista), ou El Cultural (aquí podedes ver varias obras de Jeff Wall)

Esta exposición permanecerá en Compostela, nas salas do CGAC, ata o 26 de febreiro de 2012. Xa sabedes: entrada de balde, aberto de 11 a 20 h, e os luns pechado.

Aquí vos deixo un interesante vídeo de Werner Herzog (si, o coñecido director de cine alemán) realizado fai uns anos co gallo da exposición das obras de J. Wall en Dresde:


Photografs like Paintings – Jeff Wall in Dresden… por deutschewelle

Chuzame! A Facebook A Twitter

Vanesa Díaz e Juan Adrio inaugurarán Espellos o próximo venres 28, ás 20:00h do serán, na galería Volter de Ourense.

Espellos é un conxunto de obras que están moi relacionadas cunha das súas exposicións conxuntas anteriores: Apariencias (que xa comentamos neste blogue).

A exposición permanecerá aberta dende o 28 de outubro de 2011 ata o 28 de novembro, en horario de 18:00 a 20:30 h.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Mañán, mércores 26 de outubro, inauguración ás 20:00 h do serán na Casa da Xuventude de Ourense. Clicando na imaxe teredes acceso á toda a  información.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp